Tasiilaq en Groenlandia.

Cando vin esta imaxe o que me chamou a atención dela foron as cores das casiñas.Todas elas tan iguais e á vez tan distintas na cor. E pensei en casas de mariñeiros, casas coma as que temos en Viveiro, ben pequenas; chámanlles “as casas do remo” porque teñen o ancho xusto para que caiba un remo; nin un centímetro máis.

 

Rúa dos Alfolís por fóra da muralla.

Rúa dos Alfolís por fóra da muralla.

 

Temos exemplos destas casas na Pescadería e tamén no tramo desde a rúa dos Alfolís ata a Praza Maior. Non esquezamos que a palabra “alfolí”, de orixe árabe, quere dicir “almacén de sal” porque aí era onde estaban os depósitos do sal, nas aforas da muralla que rodeaba a nosa cidade medieval.

Polo que respecta ás cores, cómpre recordar que en moitos pobos galegos  existe ese costume de pintar as casas dos mariñeiros de distinta cor. Pensemos en Redes (A coruña) e incluso noutras zonas de España como é o caso de Villajoyosa en Alicante. A  voz popular di que era unha maneira de recoñecer, cada mariñeiro, a súa casa cando se achegaba a porto. Outros, en cambio, consideran que era un xeito de aproveitar as pinturas que sobraban cando se pintaban as lanchas. Sexa como for, estes pobos teñen un encanto especial. 

En Viveiro, na zona roubada ao mar, do antigo matadoiro, hoxe Lodeiro, construíron uns edificios que parecen recordar esas vellas tradicións.

PENTAX Image

Volvendo ao fío do que saímos, Groenlandia e a cidade de  Tasiilaq , que fermosura de paisaxes tan diferentes ás nosas se ven por alí! Inda que seguro que algúns pincheiros de Celeiro chegaron ben cerca.

Para os que queirades seguir lendo, deixo aquí un enlace dun traballo feito na Universidade de Santiago sobre   la pesca gallega en Terranova, xa presente nesta parte do mundo  desde o  século XVI.

E por hoxe non hai máis!

neve en Groenlandia 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s