GARCÍA LORCA E ROSALÍA DE CASTRO

A Rosalía de Federico” é un diálogo escénico de Amancio Prada presentado no Teatro Español de Madrid, en abril do 2013 sobre unha idea de José Luís Gómez. No recital hai composicións inéditas até hoxe no seu repertorio.

Federico García Lorca admiraba Galicia e tamén a Rosalía, “hermana en tristeza”. Por iso escribiu “Seis poemas galegos”.

Tamén eu admiro ao cantautor Amancio Prada desde ben nova. Pódese dicir que medrei escoitando os poemas de Rosalía cantados por este berciano universal. En pequenos concertos por distintos pobos, vilas e cidades: Espasante, Ortigueira,Viveiro, Santiago de Compostela. Alí onde cantaba, alí estaba eu.

O certo é que desde os primeiros anos que accediamos á música, sempre escoitabamos cantautores, cacións cunhas fermosas letras que tiñan toda unha mensaxe, que sabiamos de memoria e cantabamos ao son do vinilo ou do “casette” e que nos emocionaban. Xa podían ser españois, Serrat, Paco Ibáñez, Labordeta; chilenos coma Víctor Jara , estadounidenses, coma Bob Dylan ou cubanos coma Silvio Rodríguez ; cantar en catalán coma Raimon, Lluis Llach ou Jaume Sisa ou en portugués como José Afonso. Se era na clase de francés escoitabamos a cotío  “Le meteque” e demais cancións do recentemente falecido Moustaki.

Seguen a gustarme aquelas cancións e ás veces sinto mágoa de que a xente máis nova non  coñeza a estes artistas. Se clicades no nome dos cantantes podedes acceder a dúas cancións coa letra.

Desexo que as gocedes!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s