Chincho con cachelos.

No verán, a todos nos gusta facer vida fóra, aproveitar a praia, as terrazas das cafetarías, paseos á beira do río… por iso tentamos facer comidas que non nos obriguen a botar moito tempo na cociña.

Ás veces este tipo de comidas son máis propias da cociña mediterránea que da cociña galega: ensaladas de pasta, de arroz, con froitas exóticas; de mil e unha maneiras.Pero tamén podemos botar man da nosa cociña máis tradicional.

Unha suxestión[1] é a que traemos hoxe: chincho fresquiño con cachelos.

chinchos

Os cachelos saben mellor que as simples patacas cocidas sen pela e acáenlle ben ao chicharro, ás sardiñas e ao polbo. Nunha ola rápida temos cocidas as patacas en seis minutos. Despois só temos que fritir os chicharriños que teremos areados[2] con sal.

CACHELOS

Chamamos chincho ao chicharro pequeno e por iso é máis doado fritilos ca nada. Se fose chicharro grande poderiamos poñelos ao forno.

En toda Europa é coñecido o chicharro ou xurelo. En galego distinguimos tamén o chincho cando é  de tamaño pequeno ao igual que distinguimos sardiña – de xouba / parrocha.

Velaquí tedes os nomes nas linguas próximas:

Nome científico: Trachurus Trachurus.

Chicharros na pescadería de Viveiro.


Nome común:

Español: Jurel,chicharro.
Catalán: Sorell, Sorell verd.
Vasco : Txitxarro ,arrunta.
Inglés: Atlantic horse mackerel.
Francés: Chinchard d´Europe.
portugués: Carapau.

Volvendo ao fío do que saímos, esta comida témola lista en 10 ou 12 minutos, que é o que buscamos, e deunos tempo pola mañá a facer unha visita á  peixería[3]  local, que sempre é un entretemento[4].

Notas

[1]  Suxestión. *suxerencia é forma incorrecta.

[2] Arear: Botar unhas areas de sal sobre [un alimento] para condimentalo Vou arear unhas sardiñas, que as vou facer nas brasas.
[3]  Forma correcta. *Pescadería é un castelanismo.
[4] Forma correcta. *Entretenimento é un castelanismo.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s