Arte relixiosa.

Vicente Juan Macip, Christ at the Column, 16th century

Somos un pobo cunha longa tradición de imaxinaría[1] relixiosa presente nas parroquias de Santiago en San Francisco, na de Santa María do Campo, en Galdo. Quizais o máis antigo que se conserve sexa ese Encontro que sae a mañá de Venres Santo, claramente emparentado cos autos sacramentais da Idade Media.

A Semana Santa de Viveiro é unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se vén realizando de modo ininterrompido dende o século XIII. Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías[2]. Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa viveirense é tamén considerada coma un acontecemento cultural popular, sendo declarada festa de interese turístico internacional en 2013.

Nas parroquias do entorno tamén se conservan fermos mostras de imaxinaría relixiosa que poden fornecer amplamente un  interesante museo permanente na cidade de Viveiro.

Imaxe de San Pedro da parroquia de San Pedro de Viveiro.

Imaxe de San Pedro da parroquia de San Pedro de Viveiro.

Unha das imaxes máis recentes é a de Noso Pai Xesús Nazareno, unha talla de  Francisco Romero Zafra que se expón na igrexa das Concepcionistas e que foi aportada pola Confraría O Nazareno dos de Fóra.

Nazareno

Nazareno


[1] imaxinaría
Para todas as acepcións Sinónimo imaxinería
substantivo feminino
1.Arte de esculpir ou pintar imaxes en particular imaxes relixiosas
Os seus primeiros pasos no mundo da escultura foron nun taller de imaxinaría relixiosa
2.Conxunto de imaxes particularmente relixiosas
A imaxinaría, os relevos e as pinturas do retablo do altar maior datan do século XVII.

[2] confraría

substantivo feminino

1.Historia. Asociación de persoas xeralmente laicas e devotas dun mesmo santo, que teñen como obxectivo a defensa ou axuda mutua dentro dun oficio ou a realización de accións piadosas.

Das confrarías xurdiron os gremios.

2.Asociación de laicos que se reúne con fins relixiosos, xeralmente para venerar e render culto a un santo ou a outro obxecto digno de devoción.

A procesión da confraría do Nazareno  Sinónimo: congregación.

3.Asociación de mariñeiros, armadores e mariscadores.

O patrón maior da confraría atópase reunido co Conselleiro de Pesca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s