intelixencia emocional

O psicólogo e profesor estadounidense Daniel Goleman adquiriu fama mundial a partir da publicación do seu libro “Emotional Intelligence” en 1995.  Nel, explica que o éxito dunha persoa non depende exclusivamente do seu cociente intelectual ou dos estudos acadados; Goleman di que o que máis importa é o nivel de intelixencia emocional.

 

QUE É ENTÓN A INTELIXENCIA EMOCIONAL?
Tal e como sinala o autor sería algo así como a capacidade de recoñcer os propios sentimentos e os dos demais, para lograr manexar as emocións e ter así unhas relacións más produtivas cos que nos rodean. Poderiamos deducir entón que o cociente intelectual (CI) contribúe apenas un 20% ao noso éxito na vida fronte ao 80% restante que dependería da intelixencia emocional, que inclúe factores como a capacidade de automotivación, a persistencia, o control dos impulsos, a regulación do humor ou a empatía.

AS EMOCIÓNS
Unha emoción é un estado afectivo que experimentamos, unha reacción subxectiva ao ambiente que vén acompañada de cambios orgánicos (fisiológicos e endocrinos) de orixe innato, influídos pola experiencia.
As emocións teñen unha función adaptativa do noso organismo á contorna que nos rodea.  Cada individuo experimenta unha emoción dun xeito particular dependendo das súas experiencias anteriores, aprendizaxe, carácter e da situación concreta. Algunhas das reaccións fisiolóxicas e comportamentais que desencadean as emocións son innatas, mentres que outras pódense adquirir.
Contrarrestar a forte emoción que nun momento sentimos con estratexias razoadas é o que nos levar a actuar de maneira  equilibrada e nos axuda a dar sentido á nosa vida. Por iso, é moi importante o desenvolvemento da intelixencia emocional, porque se non entendemos o que sentimos, e o porqué o sentimos, tampouco poderemos comprender por qué pensamos e actuamos de determinada maneira.
Existen emocións básicas que seguro que todos nós podemos recoñecer se nos paramos un pouco a pensar:
-O medo, constúe unha anticipación a unha ameaza ou perigo que nos produce ansiedade, incerteza e mesmo inseguridade; o medo invítanos á protección.
-A sorpresa, sobresalto, asombro, desconcerto que tén carácter transitorio, pode axudarnos a orientarnos fronte á nova situación.
-Adversión, é o desgusto ou o noxo; adoitamos afastarnos do que nos produce esa emoción.
-Ira, rabia, resentimento, furia, irritabilidade indúcennos cara á destrución.
-Alegría, diversión, euforia, gratificación, estar contentos, dá unha sensación de benestar, de seguridade. Mentres que a alegría lévanos a intentar reproducir aquel suceso que nos fai sentir ben, a tristeza motívanos cara a unha nova reinvención da realidade.

-MANIFESTACIÓN
As emocións posúen uns compoñentes condutais particulares, que son o xeito en que estas se mostran externamente e poden ser, en certa medida, controlables (dependendo da aprendizaxe familiar e cultural de cada grupo).
Tamén existen outros compoñentes non lingüísticos da súa  expresión (comunicación non verbal): faciais, accións e xestos e tamén a proxémica.
Outros que son fisiolóxicos e involuntarios: tremor, ruborizarse, sudoración, respiración axitada, dilatación pupilar, aumento do ritmo cardíaco (estes compoñentes son os que se analizan nun detector de mentiras).

EDUCAR DENDE NENOS
Debemos educar para formar persoas emocionalmente intelixentes.  As características básicas e propias da persoa emocionalmente intelixente teñen que ver co suficiente grao de autoestima,
ser persoas positivas e o altruismo; tamén a empatía (entender os sentimentos dos demais), o recoñecemento dos propios sentimentos expresando tanto os positivos como os negativos.
Tamén é necesario aprender a controlarse, automotivarse, ter ilusión e interese polas cousas costruíndo unha escala propia de valores.
As persoas que son educadas deste xeito poden superar mellor as dificultades e frustracións atopando o xusto equilibrio entre a esixencia e a necesaria tolerancia.


NOTA: outro autor, Howard Gardner, premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2011, fala na súa obra “Frames of Mind” (1983) das intelixencias múltiples. Observou como nas diferentes culturas a xente desenvolve capacidades  que son importantes para o seu modo de vida, e define a  intelixencia como “a capacidade de resolver problemas, ou elaborar produtos que son de gran valor para un determinado contexto comunitario ou cultural”.


 

Advertisements

One thought on “intelixencia emocional

  1. Grazas Timiraos pola túa xenerosidade ao compartir o teu tempo. Lin dous libros de Goleman. Un deles, este que comentas, e o outro (penso que se titula Intelixencia Social ) e podo dicir que son libros de lectura moi amena e interesante. A pesar de seren rigorosos, poderíanse incluír no apartado de Libros de autoaxuda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s