A toma de decisións: elección de itinerarios educativos

Considerando que calquera decisión xera en nós unha serie de inseguridades que non se chegan a eliminar na súa totalidade, -máxime cando se  trata do futuro académico-, debemos recoñecer que os mozos atópanse ás veces en situacións de dificil elección para as cales necesitan axuda.
Axuda que pode vir dos propios centros educativos, a través dos profesores, titores, ou departamento de orientación, pero que tamén deben ir acompañadas do apoio e e comprensión das súas familias.

blog1

No día a día do alumnado existen múltiples momentos de toma de decisións, mais, entre todas as que se toman na adolescencia e xuventude sobresaen, pola súa relevancia, as relativas ao futuro académico e profesional. O proceso iníciase cando o alumnado comeza a ir elexindo a optatividade e vai conformando o seu currículum. As elecccións que se fagan entre optativas, itinerarios, modalidades, ciclos, carreiras… ou entre ofertas laborais son moi importantes, aínda que non absolutamente determinanates dado que o sistema educativo-formativo conta con alternativas que facilitan os cambios de opcións, non sempre de forma directa.

O PROCESO DE DECIDIR
-O primeiro paso é definir o problema (decisión), que vou facer cando remate a ESO/BACH/Ciclos formativos?. Penso seguir estudando?. Se escollo o Bacharelato, en que modalidade?

-Seguirá o plan de actuación, concretando os pasos que se van dar para conseguir a información necesaria que resposte aos interrogantes anteriores: consultar ao titor/a, solicitar información no Departamento de Orientación, falalo na casa, mirar páxinas web…

-De seguido, identificamos e relacionamos os tipos de estudos e características persoais, así como as áreas polas que se sente especial inclinación, analizando como e por qué xurdiu ese interese; tamén, é conveniente clarificar os intereses laborais, así como as calidades persoais ou vocacionais que esixe o perfil laboral que queiramos acadar.

-Tomar consciencia das posibilidades e limitacións persoais: modo de acceso, duración e dificultade dos estudos, saídas profesionais, custo económico, mercado de traballo, etc.  Neste momento convén ir eliminando as alternativas sendo o máis realistas posible.

-Finalmente podemos marcarnos un tempo de reflexión e un tempo para decidirnos.

En resumo, neste proceso hai que concretar o problema, o plan de actuacións, contemplar as diferentes opcións para finalmente chegar a unha elección.

CONDICIONANTES

Moitos aspectos que condicionan a toma de decisións están á vista, pero outros atópanse máis agachados e, ás veces, non somos conscientes da súa  influencia; por exemplo:

 -O coñecemento dun mesmo. É importante saber ben cales son as nosas virtudes e defectos, non infravalorarnos,pero ser realistas ao respecto das nosas expectativas.

-O recoñecemento social. En ocasións escollemos unha determinada opción porque está recoñecido o seu prestixio a nivel social, sen ter en conta outros condicionantes.

-O xénero. Existe aínda a idea de que hai profesións de homes e de mulleres, baseándonos en roles e estereotipos non realistas de todo.

-O grupo de amigos. Na adolescencia é moi relevante a influencia do grupo de iguais e téndese a escoller opcións que nos permitan manter as relacións sociais que xa temos consolidadas

-Saída profesional. É moi necesario coñecer o tipo de traballo que se pode realizar segundo os estudos acadados,  pero non no mundo actual é moi difícil prever a inserción laboral no futuro mercado de traballo. Ademais, a formación que escollamos ten máis valor que a de conseguir un traballo.

-Expectativas familiares. As nais e pais desexan o mellor para os seus fillos/as e, en ocasións, presionan inconscientemente para que escollan unha opción determinada. A función da familia debe ser animar, axudar, facilitar… Hai que saber que as consecuencias (boas ou malas) das eleccións deberán asumilas os propios alumnos/as.


O REMATE DO PROCESO
Realmente estamos ante un proceso, a toma de decisións, que non remata nunca, a persoa medra tomando as propias decisións, trabucándose  -só o que decide pode trabucarse- , mais, se a decisión é razoada aprenderemos das súas consecuencias, aumentando deste xeito a nosa capacidade persoal. Non hai que ter medo de decidir. Moito peor é non ter que facelo ou que alguén o faga por nós.

Así que ánimo!. “Non existe vento favorable para o que non sabe cara a onde vai”


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s