A fotografía de Sebastião Salgado.

O xove Yahara co seu mono. Os awá forman unha das comunidades máis ameazadas do planeta debido á deforestación descontrolada do Amazonas brasileño.

O xove Yahara co seu mono. Os awá forman unha das comunidades máis ameazadas do planeta debido á deforestación descontrolada do Amazonas brasileño.

Coñezo a fotografía de Sebastião Salgado desde hai anos, desde que vin unha exposición das súas fotos sobre “Os Sen Terra” nos claustros de San Francisco, en Viveiro. Esa exposición pasou logo á Casa da Administración  de Sargadelos en Cervo. Inda que o lugar non era o máis axeitado para expoñer fotografía, a forza das imaxes compensaban as carencias.

Sebastiãou Ribeiro Salgado nace en Aimorés, no estado de Minas Gerais (Brasil), o 8 de Febreiro do ano 1944. Estuda economía na Universidade de São Paulo e na Universidade de Venderbit (EUA). En 1968 logra o máster en economía. Entre os anos 1969 e 1971 viaxa a París onde obtén o doutorado na Escola Nacional de Estatística Económica.

Logo viaxa a Africa contratado pola Organización Internacional do Café, alí descobre a fotografía cando se dá conta de que lle era de gran axuda para documentar e ilustrar os seus traballos de economía. En 1973 xa de regreso en París, e logo de revisar as imaxes que obtivera en  Africa decide abandonar a economía para dedicarse ao labor de reporteiro gráfico.

Nos seus primeiros traballos documentou a outra cara de Africa (Sahel) e os traballadores inmigrantes de Europa.Entre 1986 e 1993 desenvolve un proxecto para documentar a desaparición dos traballos manuais no mundo. O resultado do mesmo foi unha exposición e un libro “Workers”.

Desde 1980 ata 1997 traballou en Brasil nun proxecto por documentar aos traballadores rurais que loitan para recuperar as súas terras. O libro que xurdiu deste traballo chamouse “Terra” e conta cun prólogo de José Saramago e poemas de Chico Buarque. Parte das fotos foron doadas ao MST (Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra) de Brasil.

(MST) Estado de Sergipe, Brasil. 1996

(MST) Estado de Sergipe, Brasil. 1996

Un dos últimos proxectos de Salgado  é Génesis, traballo resultado de fotografar durante oito anos animais e persoas que viven illadas no mundo moderno.

As mulleres Mursi e Surma son as últimas no mundo en levar pratos labiais. Ningún antropólogo puido explicar con certeza a orixe e a función desta práctica. Algúns din que esta mutilación, antiestética aos ollos dos esclavistas, foi imposta polos homes para protexer ás súas mulleres das incursións esclavistas. Só as mulleres que pertencen a unha casta superior teñen dereito a levar os pratos labiais, que se mostran con orgullo cando camiñan polo pobo en compañía do seu esposo e fillos. Pobo Mursi de Dargui no Parque Nacional Mago, preto de Linka. Etiopía. Setembro e outubro de 2007

As mulleres Mursi e Surma son as últimas no mundo en levar pratos labiais. Ningún antropólogo puido explicar con certeza a orixe e a función desta práctica. Algúns din que esta mutilación, antiestética aos ollos dos esclavistas, foi imposta polos homes para protexer ás súas mulleres das incursións esclavistas. Só as mulleres que pertencen a unha casta superior teñen dereito a levar os pratos labiais, que se mostran con orgullo cando camiñan polo pobo en compañía do seu esposo e fillos. Pobo Mursi de Dargui no Parque Nacional Mago, preto de Linka. Etiopía. Setembro e outubro de 2007

Iceberg entre a Illa Paulet e as Illas Shetland do Sur, no Mar de Weddell. A nivel do mar, os niveis de flotación anteriores son claramente visibles no xeo que foi puído polo movemento constante do océano. No alto, unha forma semellante a unha torre de castelo foi tallada pola erosión eólica e as pezas encostadas de xeo. Península Antártica. Xaneiro e febreiro de 2005.

Iceberg entre a Illa Paulet e as Illas Shetland do Sur, no Mar de Weddell. A nivel do mar, os niveis de flotación anteriores son claramente visibles no xeo que foi puído polo movemento constante do océano. No alto, unha forma semellante a unha torre de castelo foi tallada pola erosión eólica e as pezas encostadas de xeo. Península Antártica. Xaneiro e febreiro de 2005.

Acaba de aparecer un documental do que o  fotógrafo é obxecto e protagonista: O sal da Terra. Os directores (o fillo do artista, Juliano Ribeiro Salgado, e o mestre alemán Wim Wenders) mesturan imaxes das viaxes do xenio brasileiro con secuencias do propio Salgado mirando a cámara e narrando a súa  epopea. O resultado é un filme que foi aplaudido case unánimemente no último festival de Cannes (onde competiu na sección Una certa mirada e levou o Premio Especial) e que se estreou en España o 31 de outubro. E antes aínda, xa desde hoxe, podedes empezar a gozar do tráiler de O sal da Terra.

Advertisements

11 thoughts on “A fotografía de Sebastião Salgado.

  1. A min esto pareceme unha pobreza, eses pobres nenos que non teñen para comer.Ese pobre neno da foto tan flacucho e co seu amigo o mono que seguro que sera co que mais tempo vota.
    Sebastião Salgado para min e un gran home porque e unha gran labor ir a sitios pobres e sacar fotos para que as persoas vexan o que sufren e como teñen que vivir.

    Adrián Basanta Timiraos
    Clase:1º A

  2. O texto ao principio sae coma unha biografía de como coñeceu a Sebastiao Salgado. Eu non o coñecía, pero lendo este texto xa me fixen unha idea de quen é. O trailler é coma unha entrevista ao fotógrafo. Sebastiao fixo unha exposición que veu a Viveiro que se chama “Os sen terra”

  3. Non coñezco a Sebastiao Salgado, pero as fotografías parecenme moi emotivas porque ver a persoas que non teñen as mesmas cousas que nós é moi triste.
    A foto que mais me da pena é a do neno co seu mono.
    A pobreza que se nota nas fotos é extrema.

  4. Ola o video gustoume e moi curioso porque ves as outras culturas’¡ pero o que e terrible e que non teñen roupa y que os nenos non poidan aprender a ler nin a escribir é moi triste

  5. Eu non coñecía de nada a este home,pero unha vez que observei as súas fotos…paréceme unha persoa increible!
    Ten que ser moi valeroso xa que viaxou a moitos sitios só para que nos vexamos unhas fotos,pero non unhas fotos calquera.
    Coma a do neno co pequeno mono,para min o significado desa foto e que vexamos a pobreza que hai mentres outros están pedindo seguido xoguetes e xoguetes.
    A do iceberg pareceume asombrosa,xa que non me parece que te encontres moitos icebergs así.(Máis ben é unha afirmación)
    En resumo Sebastião Salgado é unha persoa viaxeira e espléndida aínda que nalgún sitios como no meu caso ,non o coñecen.

    Manuel Fernández Peláez 1º ESO A

  6. Non coñecía a Salgado pero fixo un traballo magnífico
    É incrible que haia xente que todavía faga iso, aislada do mundo moderno, sen comodidades pobres…
    Tamén e incrible o do “castelo” do iceberg.
    O máis sorprendente e que salgado coas oportunidades que tiña puxérase a facer isto para que o mundo o soubera.

  7. Sebastiao Salgado visitou no 1968 a nosa terra, e fixo unha serie de fotografías que son xa memoría do noso país. Eu tiña 5 anos cando o vin en Cangas a bordo do barco que cruza a ría facendolle fotos aos mariñeiros que rascaban a ameixa nos bancos de area frente a praia de Rodeira. Teño asemade o oguio de que elixira a meu pai – daquela traballador na factoría de Massó- para un dos seus retratos.
    Para mostra un botón
    http://historiesdrawingsprints.com/courses/art-since-1900/sebastiao-salgado/#jp-carousel-3756

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s