Frei Martiño Sarmiento.

Sarmiento

Sarmiento2
https://prezi.com/embed/vzmrais1dxn6/?code

Un  7 de decembro, en 1772, morre en Madrid frei Martiño Sarmiento. Foi un elixioso galego cunha paixón e amor desmesurados por Galicia, pola súa historia, polo seu chan, pola flora, pola fauna, polo idioma e pola xente do pobo. Sarmiento é considerado xustamente o fundador da lingüística galega, o primeiro ideador da normalización do noso idioma.
SARMIENTO E A LINGUA GALEGA.
Sarmiento rexeita enerxicamente que se reprima o emprego do galego nas escolas e propón que se acceda ao estudo doutras linguas a través da lingua do país, sendo o galego a lingua vehicular. Isto lévao a postular a tradución dun catecismo ao galego para o seu uso nas escolas, a redacción dun manual de Historia Natural en galego, a traducción da Arte de Nebrixa ao galego e o emprego de materiais pedagóxicos portugueses no ensino secundario.
Frei Martiño reivindicou con firmeza a nobreza do seu idioma nunha época na que se impoñía o castelán, por orde de El Rei, como lingua vehicular do estudo básico. As súas ideas pedagóxicas foron un grande avance.Denunciou o castigo físico ou psíquico que sofren os alumnos ao se expresaren en galego. Manifestou en múltiples ocasións que os mestres deben de ser preferentemente galegos, e que en todo caso non deberían exercer a súa función en Galicia aqueles que non tiveran dominio da súa lingua propia. Sen dubida algunha, o Padre Sarmiento foi unha figura excepcional do seu tempo, un adiantado que se comprometeu coa defensa e dignificación da lingua galega.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s