Tres mulleres na música.

Nina Simone

Nina Simone

Eunice Kathleen Waymon, máis coñecida por Nina Simone, nada en Tryon (Carolina do Norte) o 21 de febreiro de 1933 e finada en Carry-le-Rouet (Francia) o 21 de abril de 2003, foi unha cantante, pianista e letrista estadounidense. Aínda que considerada intérprete de jazz, ela rexeitaba esa clasificación. No seu repertorio mesturou o jazz, o blues, o soul, o rhythm and blues e mesmo a música clásica .

Nina Simone naceu nunha familia de oito. Coma moitos outros cantantes afroamericanos foi influída sendo pícara por Marian Anderson e comezou a cantar na igrexa local, demostrando á un tempo un grande talento como pianista. Debutou publicamente cun recital de piano na radio, durante o cal os seus pais, que sentaban na primeira rea de bancos, foron obrigados a se desprazar á parte traseira para lles deixar sitio ós brancos. A lembranza deste incidente foi decisiva para a súa posterior participación no movemento de dereitos civís.

Aos dezasete anos, trasladouse a Filadelfia, Pensilvania, onde deu clases de piano e fixo de acompañante para cantantes. Conseguiu unha praza para estudar piano na prestixiosa Juilliard School of Music, de Nova York grazas á axuda dalgúns benefactores, pero a falta de cartos impediulle cumprir o seu soño de ser a primeira concertista de piano afroamericana. Máis tarde foille rexeitada unha petición para estudar piano no Curtis Institute. Ela creu sempre que a causa fora a súa cor.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Nina_Simone

Aretha Franklin

Aretha Franklin

Aretha Louise Franklin, nada o 25 de marzo de 1942 en Memphis, é unha cantante de soul, R&B e gospel. Recibe o alcume de «Lady Soul» (a dama do soul) ou «Queen of soul» (a raíña do soul), e mais é unha das artistas máis influentes na música contemporánea, ostentando o posto número un da lista dos 100 cantantes máis grandes de todos os tempos da revista Rolling Stone. A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que favoreceu os dereitos raciais e das mulleres nos Estados Unidos. En 1987, Franklin converteuse na primeira muller en entrar no Salón da Fama do Rock.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Aretha_Franklin

 

Tina Turner

Tina Turner

Anne Mae Bullock nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939, é unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alonga durante mais de cincuenta anos, é unha dos principais expoñentes do rock, e considerada como a “Raíña do Rock”

https://gl.wikipedia.org/wiki/Tina_Turner

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s