O xadrez, un deporte diferente.

Xadrez da biblioteca realizado polo profesor Juan Luís Otero

Xadrez da biblioteca realizado polo profesor Juan Luís Otero

O xadrez é un deporte ao que se xoga nun taboleiro cadrado de 8×8 casas que alternan as cores branca e negra. Son necesarias dúas persoas para xogar unha partida e cada unha posúe 16 pezas que as hai que colocar nunha posición determinada. As pezas dun xogador son todas brancas e as do outro, todas negras.

HISTORIA DO XADREZ

O predecesor de tódolos xogos da familia do xadrez é o xadrez primitivo, máis coñecido como chaturanga, que surxiu no norte da India e ao principio era un xogo para catro. O xadrez chegou a Europa grazas ao Imperio de Bizancio e comezou a xogarse en Constantinopla, e posteriormente en Rusia no siglo oitavo. A España, o xadrez chegou grazas aos árabes.

PEZAS DO XADREZ

  • Rei: cada xogador pusúe un. Non se lle atribúe un vlor de puntos numérico, xa que non se pode capturar.
  • Dama:cada xogador ten unha. Hai libros que lle atribúen un valor de 10 puntos e outros, de 9 puntos.
  • Torre: cada xogador posúe dúas. Teñen un valor de 5 puntos cada unha.
  • Cabalo: cada xogador posúe dous. Teñen un valor de 3 puntos cada un.
  • Alfil: cada xogador posúe dous. Teñen un valor de 3 puntos cada un.
  • Peón: cada xogador posúe oito. Teñen un valor de 1 punto cada un.

REGRAS  BÁSICAS

  • Os xogadores moven por turnos e sempre comezan as brancas a xogar. En cada turno, o xogador só pode mover unha peza, a excepción do enroque ( movemento especial no que o rei pasa por enriba dunha torre para adoptar unha posición defensiva e segura).
  • Unha peza non pode ocupar unha casa na que está outra peza da mesma cor, pero se a peza é de outra cor, o movemento coñécese como “comer” ou “capturar”e retírase do taboleiro a peza que estaba nesa casa para poñer a outra.
  • As casas ás que pode ir unha peza dícese que están controladas por esta, e se o rei se encontra nunha casa controlada por unha peza da cor contraria está en xaque e é obrigatorio quitarse desa situación. Se é imposible desfacer o xaque, chámaselle estar en xaque mate e acábase a partida.

OBXECIVO NUNHA PARTIDA DE XADREZ

Para gañar unha partida de axedrez, un xogador ten que conseguir facer xaque mate ao rei do outro. Tamén, un xogador pode gañar se o outro abandona a verse perdido. Unha partida tamén pode acabar en empate ou tablas. Hai diversas circunstancias polas que unha partida pode acabar en tablas, como que se capturan todas as pezas e quedan no taboleiro só o rei branco e o rei negro ou tamén por mutuo acordo.

XOGADORES IMPORTANTES NA HISTORIA DO XADREZ

Algúns dos xogadores que destacaron na historia do xadrez foron:

  • José Raúl Capablanca
  • Bobby Fischer
  • Anatoly Karpov
  • Gary Kasparov
  • Viswanathan Anand
  • Magnus Carlsen: campeón do mundo actualmente.

OPINIÓN PERSOAL ACERCA DO XADREZ

Para min, o xadrez é o rei dos xogos de mesa xa que non inflúe nada a sorte e todo depende de ti. Tamén me gusta moito porque é un xogo onde hai que pensar moito e para min é moi entretido.

Torneo de xadrez no patio

Torneo de xadrez no patio

Advertisements