Tres mulleres na música.

Nina Simone

Nina Simone

Eunice Kathleen Waymon, máis coñecida por Nina Simone, nada en Tryon (Carolina do Norte) o 21 de febreiro de 1933 e finada en Carry-le-Rouet (Francia) o 21 de abril de 2003, foi unha cantante, pianista e letrista estadounidense. Aínda que considerada intérprete de jazz, ela rexeitaba esa clasificación. No seu repertorio mesturou o jazz, o blues, o soul, o rhythm and blues e mesmo a música clásica .

Nina Simone naceu nunha familia de oito. Coma moitos outros cantantes afroamericanos foi influída sendo pícara por Marian Anderson e comezou a cantar na igrexa local, demostrando á un tempo un grande talento como pianista. Debutou publicamente cun recital de piano na radio, durante o cal os seus pais, que sentaban na primeira rea de bancos, foron obrigados a se desprazar á parte traseira para lles deixar sitio ós brancos. A lembranza deste incidente foi decisiva para a súa posterior participación no movemento de dereitos civís.

Aos dezasete anos, trasladouse a Filadelfia, Pensilvania, onde deu clases de piano e fixo de acompañante para cantantes. Conseguiu unha praza para estudar piano na prestixiosa Juilliard School of Music, de Nova York grazas á axuda dalgúns benefactores, pero a falta de cartos impediulle cumprir o seu soño de ser a primeira concertista de piano afroamericana. Máis tarde foille rexeitada unha petición para estudar piano no Curtis Institute. Ela creu sempre que a causa fora a súa cor.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Nina_Simone

Aretha Franklin

Aretha Franklin

Aretha Louise Franklin, nada o 25 de marzo de 1942 en Memphis, é unha cantante de soul, R&B e gospel. Recibe o alcume de «Lady Soul» (a dama do soul) ou «Queen of soul» (a raíña do soul), e mais é unha das artistas máis influentes na música contemporánea, ostentando o posto número un da lista dos 100 cantantes máis grandes de todos os tempos da revista Rolling Stone. A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que favoreceu os dereitos raciais e das mulleres nos Estados Unidos. En 1987, Franklin converteuse na primeira muller en entrar no Salón da Fama do Rock.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Aretha_Franklin

 

Tina Turner

Tina Turner

Anne Mae Bullock nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939, é unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alonga durante mais de cincuenta anos, é unha dos principais expoñentes do rock, e considerada como a “Raíña do Rock”

https://gl.wikipedia.org/wiki/Tina_Turner

 

 

Doodle de Google a Clara Rockmore, mestra do theremin e estrela da electrónica.

img_djuarez_20160309-072441_imagenes_lv_otras_fuentes_doodle-kZi-U40309994440ivB-992x558@LaVanguardia-Web

https://g.co/doodle/jxmspf

Clara Rockmore naceu en  Lituania (1911). Xa desde pequena destacaba como músico polo que ingresou no conservatorio de San Petersburgo. Clara estudou violín e prometía ser unha virtuosa, pero unha enfermidade nos ósos forzouna  a abandonar os estudos deste instrumento.

Debido a esta enfermidade e a non querer abandonar o seu soño de converterse nunha gran artista, Clara Rockmore comezou a especializarse no Theremin e probabelmente, converterse nunha das mellores músicos deste peculiar instrumento que non hai que «tocar» de xeito físico, senón que funciona a través das ondas no aire.

Os pais de Clara quixeron que as súas fillas se converesen en grandes músicos dos seus respectivos instrumentos, pois a irmá de clara era unha gran pianista; tiveron que pasar grandes calamidades até que chegaron ilegalmente aos Estados Unidos para que as irmás Rockmore explotasen ao máximo o seu talento.

Clara era tan prodixiosa co theremin que o propio creador do instrumento, Louis Theremin estaba namorado dela e propúxolle numerosas veces unha relación, a cal, Clara rexeitou e terminou casando co avogado Robert Rockmore de quen tomou o seu apelido ata a súa morte en 1998 na cidade de Nova York.

O theremin serviu de inspiración a numerosos artistas quen o aplicaron no cine para crear efectos especiais como Alfred Hitchcock ou clásicos do Rock como Pink Floyd, Rolling Stones ou Led Zeppelin entre outros. O theremin e a evolución que lle dió Clara Rockmore axudou a confeccionar os sintetizadores que coñecemos hoxe en día para producir música electrónica.

Cancións famosas co theremin:

Led Zeppelin – Whole Lotta Love
https://youtu.be/uiLKT5rPHBA
Pink Floyd – Welcome To The Machine

 

O instrumento tamén aparece no capítulo de  The Big Bang Theory, «The Bus Pants Utilization»
Adiviñades quen o toca?

 

FAMOSOS

Miley Cyrus

Os artistas mozos que máis gañan e os gañadores dos premios radio disney music awards

Os artistas mozos que máis gañan:

JUSTIN BIEBER: Con 20 anos gaña 150 millóns de dólares

Justin era un neno dunha pequena cidade chamada Stratford .Naceu o 1 de marzo de 1994. Desde pequeno encantáballe a música e comezou a subir videos a youtube co sobrenome de Kidraulh. Nun dos seus videos foi descuberto por Scooter Braun que agora é o seu manager. As súas fans chámanse Beliebers e son máis de 52 millóns.Justin púxolles unha estrela no paseo da fama en Hollywood.

Canción Love Me Justin Bieber:

R5 fixo unha versión rock de “LOVE ME”:

MILEY CYRUS: Con 21 anos gaña 170 millóns de dólares

Miley Ray Cyrus, nada como Destiny Hope Cyrus o 23 de novembro de 1992 en Nashville é unha cantante, actriz, compositora, bailarina, escritora, deseñadora e empresaria estadounidense, coñecida sobre todo pola súa actuación na serie de Disney Channel Hannah Montana.

Canción Wrecking Ball Miley Cyrus

Alguén fixo unha versión en galego de “WRECKING BALL”:

RADIO DISNEY MUSIC AWARDS

Os gañadores foron:

Mellor grupo: One Direction

Artista máis comentada: Selena Gómez

Artista con máis estilo: Zendaya

Mellor artista femenina: Demi Lovato

Canción do ano: Comme & Get It de Selena Gómez

Canción favorita de serie ou peli: Let It Go de Frozen

Mellor canción para bailar: Birthday de Selena Gómez

Canción que nos namora: Still Into You de Paramore

Mellores fans: Taylor Swift

Artista revelación: Fifth Harmony

Mellor novo artista: Becky G

Mellor canción para disfrutar cos teus amigos: Me & My Girls de Fifth Harmony

Artista máis top en directo: R5

 GABRIELA PITA LÓPEZ , NOA PARDO RIVERA e ARIADNA CUBA DOVALE

1º E.S.O A

Estéticas do Resurrection Fest de Viveiro.

Peiteados "Animal print

Peiteados “Animal print”

Un verán máis, a principios de agosto e desde o ano 2006 como di na súa  páxina oficial, Viveiro encheuse de mozos e mozas que acoden ao Resurrection Fest, un lugar de encontro para todos aqueles aos que lles gusta  o punk e o hardcore. As persoas que se xuntan no pobo e nos concertos, durante tres días,  cóntanse por milleiros.

Os concertos  teñen lugar no campo de fútbol de Celeiro e boa parte dos asistentes optan pola acampada, pois hai habilitadas tres zonas para tendas de campaña; aínda así parece que tamén se achegan moitos “resu” aos hoteis locais, mesmo aos de máis estrelas. Para moitos negocios do pobo parece que é un acontecemento máis interesante que outros festexos tradicionais.

resu7resu6

O concerto estrela da edición foi o dos californianos Slayer, considerados coma un dos referentes da música trash metal, xunto a Metallica, Antheaz e Megadeth.

Se cadra o que máis chama a atención destes rapaces é a súa estética peculiar, de “tribo urbana”: vestidos de negro, con roupa militar, pearcings , dilatacións nas orellas e o corpo completamente tatuado.

resu1

O verán pasou, pero Viveiro segue agardando un novo agosto no que se xunte toda esa xuventude amante do hardcore.

GARCÍA LORCA E ROSALÍA DE CASTRO

A Rosalía de Federico” é un diálogo escénico de Amancio Prada presentado no Teatro Español de Madrid, en abril do 2013 sobre unha idea de José Luís Gómez. No recital hai composicións inéditas até hoxe no seu repertorio.

Federico García Lorca admiraba Galicia e tamén a Rosalía, “hermana en tristeza”. Por iso escribiu “Seis poemas galegos”.

Tamén eu admiro ao cantautor Amancio Prada desde ben nova. Pódese dicir que medrei escoitando os poemas de Rosalía cantados por este berciano universal. En pequenos concertos por distintos pobos, vilas e cidades: Espasante, Ortigueira,Viveiro, Santiago de Compostela. Alí onde cantaba, alí estaba eu.

O certo é que desde os primeiros anos que accediamos á música, sempre escoitabamos cantautores, cacións cunhas fermosas letras que tiñan toda unha mensaxe, que sabiamos de memoria e cantabamos ao son do vinilo ou do “casette” e que nos emocionaban. Xa podían ser españois, Serrat, Paco Ibáñez, Labordeta; chilenos coma Víctor Jara , estadounidenses, coma Bob Dylan ou cubanos coma Silvio Rodríguez ; cantar en catalán coma Raimon, Lluis Llach ou Jaume Sisa ou en portugués como José Afonso. Se era na clase de francés escoitabamos a cotío  “Le meteque” e demais cancións do recentemente falecido Moustaki.

Seguen a gustarme aquelas cancións e ás veces sinto mágoa de que a xente máis nova non  coñeza a estes artistas. Se clicades no nome dos cantantes podedes acceder a dúas cancións coa letra.

Desexo que as gocedes!