ÁFRICA.

Ourivería africana.

Ourivería africana.

Adicamos  esta páxina a adentrarnos nese gran continente que temós aí ao  lado, África; sen orde nin concerto dámos cabida aquí a todo o que nos atrae dese continente: a súa arte,música,literatura,… Queremos que este espazo  sexa o noso PLE sobre o continente do Sur.

Nada mellor, para comezar esta páxina ,que escoitar á grande cantante de caboverdiana Cesária Évora e a súa canción “Sodade” (“Tristeza” en crioulo caboverdiano).

Despois de escoitarmos a canción podemos achegarnos a ese pais africano que é Cabo Verde e  do que temos tantos compatriotas como veciños, en concreto en Burela, onde boa parte da frota mariñeira depende destes afoutos mariñeiros para saír a faenar.Bota unha ollada na seguinte ligazón: Cabo Verde.

Riqueza de linguas en África: máis de 1.600 linguas.

Mapa das principais relixións.

Deixar un comentario