Entrevistan a Iria Misa os alumnos de 3º ESO.

Iria con Raquel e Jorge o día da entrevista.

Iria con Raquel e Jorge o día da entrevista.

Iria Misa Peralba foi unha das gañadoras dos Premios Xerais 2016 coa obra Xa non estou aquí (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil ). Aproveitando que está con nós este curso, no María Sarmiento, como profesora de inglés, facémoslle unha entrevista. Velaquí deixamos as preguntas e as súas respostas.

-Sabemos que quedaras finalista nun certame de relatos sobre inmigración no concello de Nigrán. Preocúpache o tema da inmigración?

Este é un tema que nos debería preocupar a todos; non nos decatamos de que en calquera momento da nosa vida poderiamos ser nós os migrantes.

-A novela premiada Xa non estou aquí ten protagonista adolescente. Sínteste cómoda entre adolescentes?

– Se non me sentise cómoda entre adolescentes non me podería dedicar á ensinanza, porque penso que para ser profesor no ensino secundario e no primario tamén hai que ter certa vocación e certa dispoñibilidade a ter empatia cos teus alumnos; claro  que me sinto cómoda; obviamente moitas veces sinto que cantos máis anos vou cumprindo a diferenza é maior, pero gústame estar con eles, saber o que pensan, rir con eles… Unhas veces é mellor e outras peor; dar clases no é sempre sinxelo, pero fóra do contexto educativo si que é moi interesante.

– “I’m rooted, but I flow” , é unha frase de Virginia Wolf que aparece no teu perfil de Twitter. Dalgunha maneira escribir en galego é volver ás raíces?

 -Si, claro que si que o é. A miña formación académica, na carreira foi en inglés, todos os libros que lin e que me estimularon a querer ser escritora veñen do inglés. Cando eu tomei a decisión de que quería escribir tiven que optar por unha lingua e decidín optar polo galego porque son galega e é importante que empreguemos a nosa lingua para a literatura e para todos os ámbitos da nosa vida.

-A tua formmación en filoloxía e na Literatura inglesa vai abrirlle campos temáticos e formais á Literatura galega?

Non sei se llos vai abrir á Literatra galega, paréceme un pouco pretencioso, pero para min si que o vai facer porque eu sinto que ao poder ler en inglés orixinalmente teño acceso a certo tipo de obras e autores sobre os que non recaería a miña atención  se non puidera lelos na lingua orixinal. Iso para min é moi enriquecedor.

-Os premios son un bo estímulo á escrita e para a normalización da lingua?

Si, claro que si, os premios son esenciais. No meu caso, comezar a miña andaina literaria gañando un premio é moi importante porque cando eu comecei a escribir sentíame insegura e é moi difícil chamar á porta dun editor se non tes a seguridade de que os teus escritos pagan a pena. E claro, cando gañas un premio sínteste respaldada. E tamén son moi importantes para a normalización , que se aposte por estes premios para a literatura galega, que saian á luz, que aparezan nos medios de comunicación axuda a que a situación se normalice e que o galego se estenda. A xente ten que ler en galego.

-Sabemos por unha entrevista na Radio Galega que tés máis obras escritas aínda que non publicadas. Seguirás na narrativa ou tamén exploras a poesía?

-A poesía non a exploro. Quizais nun comezo me daba por facer pequenos poemiñas, pero penso que escribir poesía realmente boa é moi difícil e aínda non sentín ese impulso. No futuro quen sabe.

-Dinos un autor/a  da Literatura galega que te animara á escrita.

-A autora que máis me animou á escrita é Ledicia Costas. É unha rapaza que leva escribindo desde moi nova, este ano acadou o Premio Nacional de Literatura infantil y Juvenil (2015) con Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais… Escoita o audio.

-Ademais de Xa non estou aquí cando saia do prelo. Outra recomendación lectora para este verán?

Recomendacións lectoras:

     opintordosmoxardin

neboa       escarl

Desde aquí o noso agradecemento a iria pola súa disposición e amabilidade para contestarnos estas preguntas.

Raquel Dos Santos e Jorge Fraga, 3º A

Tres mulleres na música.

Nina Simone

Nina Simone

Eunice Kathleen Waymon, máis coñecida por Nina Simone, nada en Tryon (Carolina do Norte) o 21 de febreiro de 1933 e finada en Carry-le-Rouet (Francia) o 21 de abril de 2003, foi unha cantante, pianista e letrista estadounidense. Aínda que considerada intérprete de jazz, ela rexeitaba esa clasificación. No seu repertorio mesturou o jazz, o blues, o soul, o rhythm and blues e mesmo a música clásica .

Nina Simone naceu nunha familia de oito. Coma moitos outros cantantes afroamericanos foi influída sendo pícara por Marian Anderson e comezou a cantar na igrexa local, demostrando á un tempo un grande talento como pianista. Debutou publicamente cun recital de piano na radio, durante o cal os seus pais, que sentaban na primeira rea de bancos, foron obrigados a se desprazar á parte traseira para lles deixar sitio ós brancos. A lembranza deste incidente foi decisiva para a súa posterior participación no movemento de dereitos civís.

Aos dezasete anos, trasladouse a Filadelfia, Pensilvania, onde deu clases de piano e fixo de acompañante para cantantes. Conseguiu unha praza para estudar piano na prestixiosa Juilliard School of Music, de Nova York grazas á axuda dalgúns benefactores, pero a falta de cartos impediulle cumprir o seu soño de ser a primeira concertista de piano afroamericana. Máis tarde foille rexeitada unha petición para estudar piano no Curtis Institute. Ela creu sempre que a causa fora a súa cor.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Nina_Simone

Aretha Franklin

Aretha Franklin

Aretha Louise Franklin, nada o 25 de marzo de 1942 en Memphis, é unha cantante de soul, R&B e gospel. Recibe o alcume de «Lady Soul» (a dama do soul) ou «Queen of soul» (a raíña do soul), e mais é unha das artistas máis influentes na música contemporánea, ostentando o posto número un da lista dos 100 cantantes máis grandes de todos os tempos da revista Rolling Stone. A mediados da década de 1960 consolidouse como estrela feminina do soul, algo que favoreceu os dereitos raciais e das mulleres nos Estados Unidos. En 1987, Franklin converteuse na primeira muller en entrar no Salón da Fama do Rock.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Aretha_Franklin

 

Tina Turner

Tina Turner

Anne Mae Bullock nada en Nutbush (Tennessee) o 26 de novembro de 1939, é unha cantante, escritora, bailarina e actriz estadounidense, máis coñecida como Tina Turner. Cunha carreira que se alonga durante mais de cincuenta anos, é unha dos principais expoñentes do rock, e considerada como a “Raíña do Rock”

https://gl.wikipedia.org/wiki/Tina_Turner

 

 

Doodle de Google a Clara Rockmore, mestra do theremin e estrela da electrónica.

img_djuarez_20160309-072441_imagenes_lv_otras_fuentes_doodle-kZi-U40309994440ivB-992x558@LaVanguardia-Web

https://g.co/doodle/jxmspf

Clara Rockmore naceu en  Lituania (1911). Xa desde pequena destacaba como músico polo que ingresou no conservatorio de San Petersburgo. Clara estudou violín e prometía ser unha virtuosa, pero unha enfermidade nos ósos forzouna  a abandonar os estudos deste instrumento.

Debido a esta enfermidade e a non querer abandonar o seu soño de converterse nunha gran artista, Clara Rockmore comezou a especializarse no Theremin e probabelmente, converterse nunha das mellores músicos deste peculiar instrumento que non hai que «tocar» de xeito físico, senón que funciona a través das ondas no aire.

Os pais de Clara quixeron que as súas fillas se converesen en grandes músicos dos seus respectivos instrumentos, pois a irmá de clara era unha gran pianista; tiveron que pasar grandes calamidades até que chegaron ilegalmente aos Estados Unidos para que as irmás Rockmore explotasen ao máximo o seu talento.

Clara era tan prodixiosa co theremin que o propio creador do instrumento, Louis Theremin estaba namorado dela e propúxolle numerosas veces unha relación, a cal, Clara rexeitou e terminou casando co avogado Robert Rockmore de quen tomou o seu apelido ata a súa morte en 1998 na cidade de Nova York.

O theremin serviu de inspiración a numerosos artistas quen o aplicaron no cine para crear efectos especiais como Alfred Hitchcock ou clásicos do Rock como Pink Floyd, Rolling Stones ou Led Zeppelin entre outros. O theremin e a evolución que lle dió Clara Rockmore axudou a confeccionar os sintetizadores que coñecemos hoxe en día para producir música electrónica.

Cancións famosas co theremin:

Led Zeppelin – Whole Lotta Love
https://youtu.be/uiLKT5rPHBA
Pink Floyd – Welcome To The Machine

 

O instrumento tamén aparece no capítulo de  The Big Bang Theory, «The Bus Pants Utilization»
Adiviñades quen o toca?