Entrevistan a Iria Misa os alumnos de 3º ESO.

Iria con Raquel e Jorge o día da entrevista.

Iria con Raquel e Jorge o día da entrevista.

Iria Misa Peralba foi unha das gañadoras dos Premios Xerais 2016 coa obra Xa non estou aquí (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil ). Aproveitando que está con nós este curso, no María Sarmiento, como profesora de inglés, facémoslle unha entrevista. Velaquí deixamos as preguntas e as súas respostas.

-Sabemos que quedaras finalista nun certame de relatos sobre inmigración no concello de Nigrán. Preocúpache o tema da inmigración?

Este é un tema que nos debería preocupar a todos; non nos decatamos de que en calquera momento da nosa vida poderiamos ser nós os migrantes.

-A novela premiada Xa non estou aquí ten protagonista adolescente. Sínteste cómoda entre adolescentes?

– Se non me sentise cómoda entre adolescentes non me podería dedicar á ensinanza, porque penso que para ser profesor no ensino secundario e no primario tamén hai que ter certa vocación e certa dispoñibilidade a ter empatia cos teus alumnos; claro  que me sinto cómoda; obviamente moitas veces sinto que cantos máis anos vou cumprindo a diferenza é maior, pero gústame estar con eles, saber o que pensan, rir con eles… Unhas veces é mellor e outras peor; dar clases no é sempre sinxelo, pero fóra do contexto educativo si que é moi interesante.

– “I’m rooted, but I flow” , é unha frase de Virginia Wolf que aparece no teu perfil de Twitter. Dalgunha maneira escribir en galego é volver ás raíces?

 -Si, claro que si que o é. A miña formación académica, na carreira foi en inglés, todos os libros que lin e que me estimularon a querer ser escritora veñen do inglés. Cando eu tomei a decisión de que quería escribir tiven que optar por unha lingua e decidín optar polo galego porque son galega e é importante que empreguemos a nosa lingua para a literatura e para todos os ámbitos da nosa vida.

-A tua formmación en filoloxía e na Literatura inglesa vai abrirlle campos temáticos e formais á Literatura galega?

Non sei se llos vai abrir á Literatra galega, paréceme un pouco pretencioso, pero para min si que o vai facer porque eu sinto que ao poder ler en inglés orixinalmente teño acceso a certo tipo de obras e autores sobre os que non recaería a miña atención  se non puidera lelos na lingua orixinal. Iso para min é moi enriquecedor.

-Os premios son un bo estímulo á escrita e para a normalización da lingua?

Si, claro que si, os premios son esenciais. No meu caso, comezar a miña andaina literaria gañando un premio é moi importante porque cando eu comecei a escribir sentíame insegura e é moi difícil chamar á porta dun editor se non tes a seguridade de que os teus escritos pagan a pena. E claro, cando gañas un premio sínteste respaldada. E tamén son moi importantes para a normalización , que se aposte por estes premios para a literatura galega, que saian á luz, que aparezan nos medios de comunicación axuda a que a situación se normalice e que o galego se estenda. A xente ten que ler en galego.

-Sabemos por unha entrevista na Radio Galega que tés máis obras escritas aínda que non publicadas. Seguirás na narrativa ou tamén exploras a poesía?

-A poesía non a exploro. Quizais nun comezo me daba por facer pequenos poemiñas, pero penso que escribir poesía realmente boa é moi difícil e aínda non sentín ese impulso. No futuro quen sabe.

-Dinos un autor/a  da Literatura galega que te animara á escrita.

-A autora que máis me animou á escrita é Ledicia Costas. É unha rapaza que leva escribindo desde moi nova, este ano acadou o Premio Nacional de Literatura infantil y Juvenil (2015) con Escarlatina, a cociñeira defunta, Xerais… Escoita o audio.

-Ademais de Xa non estou aquí cando saia do prelo. Outra recomendación lectora para este verán?

Recomendacións lectoras:

     opintordosmoxardin

neboa       escarl

Desde aquí o noso agradecemento a iria pola súa disposición e amabilidade para contestarnos estas preguntas.

Raquel Dos Santos e Jorge Fraga, 3º A